Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Noia acomete arranxos nas beirarrúas na Rúa Río do Porto


A brigada de obras do Concello de Noia vén de acometer a mellora dun tramo de beirrarúas na Rúa Río do Porto na intersección coa Rúa Castelao, en Barro. Os traballos, levados cabo con medios propios, consistiron na mellora do estado das beirarrúas e na optimización da seguridade viaria. Trátase dunha rúa bastante transitada pola veciñanza, xa que enlaza directamente coa pasarela de acceso á ponte sobre a ría que remata en Testal.

A actuación comprendeu a mellora dun tramo duns 30 metros de beirarrúas, coa reposición do formigón cubrindo todas as deficiencias existentes. Completáronse estas obras coa mellora da seguridade viaria instalando nova sinalización vertical e un espello no cruce coa Rúa Castelao para facilitar a visibilidade dos condutores.

Estes traballos inclúense dentro do plan municipal de mantemento das infraestruturas viarias que se leva a cabo dende o Concello. Todo este tipo de obras lévanse a cabo con fondos propios.